Coñécenos
Entrevista con María Arribi
Cedeira









Algúns Datos
6.888
É o número oficial de habitantes de Cedeira en 2017



20.000
Número de habitantes de Cedeira no verán



19
O número de diferentes recheos dispoñibles



7
Xeracións levan transmitindo a receita do pastelón Arribi.



Arribi
Historia
O pastelón de Cedeira xorde a raíz dunha fusión entre empanada e pastelón. A receita orixinal do Forno Arribi aparece en 1875, fai case 150 anos. María Arribi, a actual propietaria, forma parte da familia que comezou a elaborar este orixinal manxar. Os seus antepasados foron os que iniciaron este negocio familiar, que agora ela continúa formando parte da sétima xeración.
A orixe desta tradición está no “Tío Bernardo”: o avó do tataravó de María Arribi. Empezou a facer empanadas e a distribuílas por toda a comarca. Chegou a adquirir unha grande fama grazas a este produto, que xa daquela era diferente das habituais empanadas: tiña diferente masa, gran consistencia... Por tanto, a creación do pastelón debeuse a unha evolución lóxica da empanada. A receita foi cambiando e evolucionando co paso do tempo ata chegar a ser tal e como o coñecemos hoxe en día.
Ao longo do século XX e comezos do XXI, as diferentes xeracións desta familia continuaron transmitindo a fórmula do pastelón. O avó de María Arribi emigrou a Puerto Rico, e foi aí cando comeza a existir esta fusión entre a empanada e o pastelón. Fernando Arribi, pai de María Arribi, foi quen decidiu poñer á venta o produto coas características que mantén na actualidade. Este negocio continúa hoxe nas mans de María Arribi Barcia e do seu marido, Manuel Villar Álvarez.
1875
A receita orixinal apareceu fai 143 anos
Puerto Rico
Aí emigrou o avó de María Arribi, e creou a fusión de empanada e pastelón
Tes ganas de saber un pouco máis?

Sabes onde compralo?
O Pastelón de Cedeira está máis preto de ti do que imaxinas.
Non fai falla vir ata esta pequena vila para poder degustar este manxar cedeirés.
O forno de Arribi conta con páxina web desde onde podes mercar todas as variedades e telo moi prontiño na túa casa, só con facer uns clicks.
Se pola contra eres máis tradicional, non te preocupes, o pastelón tamén se encontra en moitas tendas distribuidas por toda a xeografía española. En Santiago de Compostela, o encontramos en lugares como o Mercado de Abastos ou a froitería Entrenaranjos.
Xa son moitos os turistas locais da vila de Cedeira como os peregrinos santiagueses os que se animaron a probar este producto tan diferente á vez que tradicional, e cun sabor riquísimo en calquera das súas variedades.
animaste a probar?
E ti,
ELABORACIÓN
María Arribi ensínanos, dende o taller de elaboración da pastelería Arribi, como se fai o verdadeiro Pastelón de Cedeira, tes curiosidade? Só tes que clicar neste vídeo para descubrilo